ENTROIDO EN PADERNE

As persoas que acudiron nesta edición ó Entroido celebrado o pasado día 18 en O Telleiro, puideron disfrutar da animación e o colorido co que as comparsas e disfraces encheron a carpa do Concello.

Como tódolos anos, non faltaron as empanadas, doce, queixo, viño e a queimada, todos os producto representativo de Paderne que contribuíron a que os asistentes pasasen uns bos momentos participando da festa na que o Alcalde, xunto co Concelleiro de Cultura e Deportes, entregou os premios ós tres mellores disfraces nas categorías de grupo e individual, así como un premio ó esforzo dos máis pequenos que cada ano acoden tamén a participar desta noite.

© 2013 Concello de Paderne