X EDICIÓN DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SENIOR DE PITCH & PUTT

O Clube de Golf Paderne albergou, os días7 e 8 de xullo, a décima edición do Campionato de España Senior de Pitch&Putt contando co Alcalde do Concello, César Longo, para o acto de entrega de trofeos.

Na categoría masculina, Rafael Santonja e Juan Soler viviron un duelo épico que se resolveu no último oco. Ambos saían igualados con 53 golpes, a un do líder, José Francisco Purriños, e na segunda ronda asinaron 53 e 54 golpes respectivamente, para dar a vitoria ó madrileño con un total de 106 golpes e un por diante do seu rival.

En terceira posición rematou Ángel Viejo con 108 golpes tras asinar unha gran tarxeta fina de 51 golpes, mentres que José Francisco Purriños, con 110, non puido aguantar como líder tras asinar 57 golpes.

Na categoría feminina, Laura Batista sumou o seu segundo título consecutivo ó rematar con un total de 125 golpes despois dunha segunda ronda de 64. A tres impactos acabou María Luisa Ruiz, que non puido frear o ímpetu de acertos do seu rival, con 69 golpes no seu caso. En terceira posición, María del Carmen Martín con 131.

Durante o desenvolvemento da competición, no campo de Paderne, os xerentes, Ángel Botana e Laura Mosquera non deixaron de recibir mostras de recoñecemento á súa xestión e estado do campo por xogadores de tódalas partes de España que participaron na la proba e membros das federacións.

É o cuarto Campionato de España de Pitch & Putt consecutivo que organiza o Club de Golf Paderne nas súas instalacións.