PADERNE SEDE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA MASCULINO ABSOLUTO DE PITCH & PUTT

O Campionato Individual Masculino Absoluto celebrouse no Club de Golf de Paderne os pasados días 20 e 21 de maio.

O canario Bernabé González obtivo o triunfo na décimo terceira edición do Campionato España Masculino de Pitch & Putt que se disputou no campo de Golf Paderne coa presenza de 92 golfistas. O duelo entre o xogador insular e o navarro Jesús Casajús, líder trala primeira xornada, foi o punto álxido dunha emocionante fin de semana.

O Alcalde de Paderne, César Longo, fixo entrega do premio ó 1º clasificado hándicap ó andaluz Pedro Rodríguez Cielos e do premio ó 2º clasificado hándicap ó galego Ramón Baladrón Cabezón.

Co campo en excelentes condicións e preparado a conciencia para a ocasión, os greenes moi rápidos e ben definidos polo frondoso bosque galego, obrigaron a presentar o máximo nivel ós participantes nesta especialidade de golf con recente arraigo en todo o territorio español.

© 2013 Concello de Paderne