CAMPAÑA DE ESQUÍ

O Concello de Paderne participa, outro ano máis, na Campaña de Esquí que organiza a Deputación da Coruña para rapaces nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

Os participantes poderán disfrutar dunha estadía de 5 días, do 5 ó 10 de marzo, na estación invernal de Leitariegos practicando o esquí xunto con outros rapaces da provincia.

A inscrición inclúe o transporte, a estadía e manutención, os monitores necesarios para o desenvolvemento das actividades, as clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Ó ser unha actividade moi atractiva, en cada convocatoria contamos cun elevado número de solicitudes o que obriga a realizar un sorteo público evitando a repetición dos incluídos en anteriores convocatorias.

© 2013 Concello de Paderne