CAMPAÑA DE NEVE 2023

Do 10 ao 13 de febreiro, 4 rapaces e rapazas do Concello de Paderne van a disfrutar dunha estadía na estación de esquí de Valgrande-Pajares (Asturias) dentro do programa CAMPAÑA DE ESQUÍ 2023 que a Deputación de A Coruña ven a sacar para rapaces de entre 11 e 15 anos e no que o Concello de Paderne leva participando moitos anos. 

O Alcalde enviou unha carta a tódolos posibles participantes coa información da campaña a fin de que puideran inscribirse e participar na mesma.

Van a pasar unhas xornadas nas que recibirán cursos de esquí para aprender a esquiar ademais de contar con actividades complementarias hospedándose nun albergue a pé de pista e compartindo experiencias con outros rapaces e rapazas de varios concellos da provincia. 

Sen dúbida, uns días moi enriquecedores que de seguro van a recordar sempre.