ANUNCIO CAMPAMENTOS

Concello de Paderne ven de aprobar as bases para os Campamentos de Verán 2021
O programa consiste no desenvolvemento de  actividades deportivas de ocio e tempo libre, levada a cabo en horario de 8.30 a 14.30 nos meses de xullo e agosto.
Actividades a desenvolver: Kayak, bicicleta, orientación deportiva, xogos populares, multideporte e aventura, ginkanas ... acompañados de técnicos deportivos e animadores de tempo libre.
Poderán participar no programa nenos e nenas nados  nos anos 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013.
O prazo de solicitudes comeza o próximo martes 22 rematando  o día 27, ambos días incluídos.
Poden consultarse as bases no taboeiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Paderne