PARTICIPACIÓN NA CAMPAÑA DE INVERNO 2020

Os rapaces de Paderne de entre 11 e 15 anos, van a ter a posibilidade de participar na “Campaña de Inverno 2020” que novamente pon en marcha a Deputación da Coruña para toda a provincia.

Para brindarlles a todos esta posibilidade, o Alcalde ven de solicitar a inclusión do Concello de Paderne na mesma e así facilitar a práctica dos deportes relacionados directamente coa neve na estación de esquí de Manzaneda, en Ourense.

Todos recibirán información sobre a mesma xunto coa data límite para realizar a súa reserva de praza. Como en pasadas convocatorias, se o número de solicitudes supera ó número de prazas adxudicadas, realizarase un sorteo público ante o secretario do Concello.