CABALGATA DE REIS

As Súas Maxestades visitarán Paderne o día 4 de xaneiro traendo ilusión a tódolos nenos e familias do Concello. Unha Cabalgata distinta pero coa mesma ilusión para tódalas xentes de Paderne, sen concentración de persoas en ningún punto do Concello seguindo as medidas recomendadas neste momento. Será a comitiva a que se encargue de visitar tódolos lugares.

COMEZO DO RECORRIDO:
Ás 10:00 h. Saída da Casa Consistorial para visitar tódalas parroquias de Paderne
O recorrido será o de tódolos anos: Obre – Paderne – Quintas – Loibo – Vilamourel – San Mamede – Vigo – Esperela – Adragonte – Eirovello – Velouzás – Sas – Chantada – Souto – Porto – Insua e Montecelo
Gardarase o protocolo que nos marca a COVID-19 e, por iso, non se poderá interactuar coas Súas Maxestades, pero igual se comprometen a facer chegar os regalos a tódolos nenos e nenas de Paderne na noite do día 5.
Tódolos nenos/as que desexen falar por videoconferencia coas Súas Maxestades, poderán facelo o mesmo día 4 pola tarde. 
Deberán chamar antes do día 30 ao Concello deixando os seus datos co fin de concertar unha hora para a videoconferencia.