CABALGATA DE REIS 2018

CABALGATA DE REIS 2018

O día 4 de xaneiro ás 14:30 h. está prevista unha recepción na Casa do Concello con motivo da visita das Súas Maxestades. Despois de ser recibidos polo Alcalde pasarán, xunto coa Comitiva Real, a facer o percorrido por tódalas parroquias de Paderne antes da chegada ó polideportivo municipal ás 18:45 h.

O Alcalde, xunto co Equipo de Goberno, desprazaranse ata alí para recibilos e participar, xunto con todos aqueles que este día acudan, da ilusión e a maxia desta tradición.

Ademais de poder saudar ós Reis e darlles as cartas, está programado un espectáculo para todos como remate deste día de festa.

Este día haberá agasallos para os participantes no “Concurso de Nadal” no que poden participar tódolos rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos. Todos deben estar empadroados no Concello de Paderne. Os traballos poderanse entregar ata o día 19 de decembro.