CABALGATA DE REIS

Este pasado día 4 de xaneiro chegaron a Paderne as Súas Maxestades para repartir ilusión entre grandes e pequenos de todo o Concello.

Despois dunha larga viaxe e antes de pasar a recorrer tódalas parroquias, foron recibidos na Casa Consistorial polo Alcalde que puxo a disposición da Comitiva Real os medios do Concello para este día de visita por todo o termo municipal.

Persoas de tódalas idades foron xuntándose polas parroquias para saudar ás Súas Maxestades e entregarlles algunhas cartas persoalmente mentres eles repartían doces a todo o mundo.

Remataba esta visita cunha festa no pavillón polideportivo municipal onde eran esperados polo Alcalde e o seu Equipo de Goberno; cos sons da Escola de Gaitas San Pantaleón, foron entrando e saúdando ós alí presentes mentres os máis pequeniños agardaban con impaciencia o momento de achegarse a eles.

Despois das palabras do Alcalde, a entrega de regalos ós nenos e nenas participantes no concurso de debuxo e pintura foi outro dos grandes momentos do día que continuou cunha foto de recordo cos Reis Magos e un espectáculo de maxia e animación como remate dunha xornada cargada de ilusión para todos.

© 2013 Concello de Paderne