CABALGATA DE REIS

O día 4 de xaneiro, as Súas Maxestades, os Reis de Oriente, viñeron a Paderne para recoller as peticións dos pequenos do Concello e así organizar con tempo suficiente a entrega de agasallos na noite de Reis.

Foron recibidos na Casa Consistorial polo Alcalde, César Longo, antes de realizar o recorrido por tódalas parroquias do termo municipal; un momento moi esperado por todos e en especial polas persoas maiores que teñen así ocasión de poder ver ós Reis.

A última hora da tarde chegaron ó polideportivo municipal onde foron recibidos polo Alcalde e o seu Equipo de Goberno. Logo de facer entrega dos agasallos ós participantes nesta nova edición de debuxos e manualidades, tódolos asistentes puideron pasar a saudar ás Súas Maxestades e manifestarlles os seus desexos para esta noite máxica.