CABALGATA DE REIS

Foi o día 4 de Xaneiro cando as Súas Maxestades tiñan prevista a chegada a Paderne dentro do programa de visitas ás localidades da comarca. O Alcalde, acompañado polo seu Equipo de Goberno, recibiunos na Casa do Concello antes do seu percorrido polas parroquias do municipio a fin de que tódalas persoas puidesen entregarlles as súas cartas.

Ás 19:00 h fixeron a entrada no polideportivo municipal onde tiveron lugar os actos programados para esta celebración no transcurso da cal o Alcalde, xunto cos Concelleiros de Cultura e Deportes, entregou os premios ós 90 nenos e nenas que participaron no concurso de debuxo e fotografía.

Unha vez que tódolos presentes pasaron a saudar ás Súas Maxestades, rematou esta festa con xogos de animación para os máis pequenos a cargo da Compañía Duende Sico

© 2013 Concello de Paderne