BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA FAMILIAS CON NENAS/OS DE ATA DOCE ANOS

AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS CON NENOS E NENAS DE ATA DOCE ANOS DE IDADE, PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL DURANTE O TEMPO DE SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADE NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 E CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO COMO CONSECUENCIA DA EPIDEMIA DO COVID-19.

A QUEN SE DIRIXE?

Aos país e nais, titores e titoras, ou ás persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva menores de ata doce anos de idade:

√ Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.

√ Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraendo o rateo da paga extraordinaria se a houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 € ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 € per cápita.

GASTOS SUBVENCIONABLES

√Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.

√Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos nenos e nenas. Ou a ampliacións de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade.

√Pase a situación de excedencia por coidado de fillos/as, ou redución da xornada de traballo pola mesma causa do/da pai/nai, titor/a, ou a/s persoa/s que teñan o neno ou nena en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva, sempre que supoña unha redución efectiva nas retribucións.

TIPO DE AXUDA E CONTÍA

A axuda pode acadar ata o 100 % do custo da contratación ou do importe da redución das retribucións cun límite máximo global de 500 €/mes por unidade familiar beneficiaria.
O período subvencionable comprenderá desde o 16 de marzo ata que se levante a suspensión das actividades .

PRAZO

 Ata o 13 de xullo de 2020.

A Presentación realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electronica da Xunta de Galicia (procedemento BS900C)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS900C&ano=2020&numpub=1&lang=es

 

 

Normativa

Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono Coidado extraordinario.  BS900C (DOG nº 114-bis do 12/6/2020)