BONO COIDADO EXTRAORDINARIO Á DEPENDENCIA

Obxecto

Concesión de axudas económicas para compensar os seguintes gastos, dende a suspensión da actividade dos centros de día ou ocupacionais aos que acudía a persoa usuaria que comezou o día 16 de marzo de 2020, e ata que se levante a devandita suspensión:

A. Modalidade de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada. A axuda terá un importe máximo de 500 €/mes. A contratación dun SAF, deberá realizarse cunha entidade inscrita no RUEPSS que teña autorizado un programa de axuda no fogar.

B.  Modalidade de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva. A axuda terá un importe máximo de 100 €/mes. Entre estes servizos están os de rehabilitación funcional, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, estimulación sensorial, atención psicomotriz, atención psicolóxica, atención neuropsicolóxica, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial ou atención pedagóxica. A entidade prestadora destes servizos deberá estar inscrita no RUEPSS.

As dúas modalidades son compatibles, isto é, as persoas beneficiarias poden solicitar una delas ou as dúas.

Persoas beneficiarias

As persoas familiares que subscriban un contrato para a prestación do SAF ou un contrato ou ampliación doutro existente cunha persoa coidadora, ou que soliciten unha excedencia ou redución de xornada para atender ás persoas usuarias de centros de día de maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día ou ocupacionais de persoas con discapacidade, autorizados e inscritos no RUEPSS, cuxa actividade está suspendida como consecuencia da epidemia do coronavirus COVID-19; ou para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas.

Lugar de presentación

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 13 de xullo de 2020.