BONO CONCILIA

O Diario Oficial de Galicia ven de facer públicas as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos.

Esta axuda consiste nunha cantidade mensual para contribuír ó pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de 11 meses.

A contía de esta axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 27 de agosto; para maior información, as familias interesadas poden consultar o DOG de 27 de xullo de 2020.