REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DA REDE DE GOBERNOS LOCAIS + BIODIVERSIDADE NA CIDADE DE CÓRDOBA

A Rede de Gobernos Locais +Biodiversidade, é a sección da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) dedicada á promoción de políticas locais para a conservación e uso sostible da biodiversidade e a conservación do patrimonio natural.

O Alcalde de Paderne, César Longo, é un dos duos alcaldes de Galicia que figuran no seu Consello Rector; como tal, participou na reunión do “Consello Rector do Goberno da Rede de Gobernos Locais +Biodiversidade” que tivo lugar o pasado día 19 de abril na cidade andaluza de Córdoba.

Así mesmo, ó ser a Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade ente colaborador da Rede de Parques e Xardíns Públicos de España, estiveron invitados ó “44 Congreso Nacional de Parques e Xardíns Públicos” que tamén tivo lugar os días 19, 20, 21 e 22 de abril no Salón de Actos do Rectorado da Universidade de Córdoba.

Estes mesmos días, e como parte dos actos do Congreso, celebrouse tamén a Asemblea da Asociación de Parques e Xardíns Públicos así como o acto de entrega de Premios Nacionais de Xardinería.

Días intensos de intercambio de experiencias, de coñecemento dos problemas e de plantexamento de solucións que afectan a tódolos concellos para a xestión dos xardíns públicos.

Na última das xornadas tiveron lugar varias visitas técnicas; entre elas, a unha selección de Patios de Córdoba, patrimonio da Humanidade, ós xardíns do Pazo de Viana e ó parque da Asomadilla no que se realizou unha exemplar recuperación medio-ambiental trala súa rexeneración.

© 2013 Concello de Paderne