BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

Veñen de convocarse novamente as Becas Fundación Amancio Ortega co obxecto de facilitar o aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a rapaces que estean cursando 4º da ESO.

Para optar a elas, un dos requisitos é ter unha nota igual ou superior a 7 puntos e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º da ESO.

Tamén se considera requisito non ter disfrutado, como estudante estranxeiro, dunha experiencia académica de duración igual ou superior a 6 meses.

Esta beca cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro; viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e apoio continuado durante os 10 meses de estadía.

Son 80 becas destinadas a estudantes da nosa Comunidade Autónoma para cursar 1º de Bacharelato en un High School en Canadá ou Estados Unidos no curso 2018-2019.

O prazo de solicitude remata o día 20 de outubro ás 13:00 h. Os que desexen maior información poden acceder a: https://becas.faortega.org

© 2013 Concello de Paderne