ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDES DENTRO DO PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2023 DA XUNTA DE GALICIA

As persoas interesadas en participar no programa deste ano teñen de prazo ata o vindeiro 18 de outubro para solicitar algunha das prazas nos establecementos balnearios participantes.

As quendas terán unha duración de 10 días, que se desenvolverán durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro de 2023.

Dito programa vai dirixido a todas as persoas maiores de 60 anos ou maiores de 55 anos e sexan pensionistas.

Para calquera información sobre dito Programa poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello.