AXUDAS ÁS COMISIÓNS ORGANIZADORAS DAS FESTAS PATRONAIS E POPULARES NO CONCELLO DE PADERNE DURANTE O ANO 2022 A TRAVÉS DO PEL-CONCELLOS
O Alcalde de Paderne ven de resolver a concesión de unha axuda á Comisión de Festas de San Pantaleón por importe de 5.000 €, con destino a financiar a contratación das orquestras que cumpriron os requisitos establecidos nas bases reguladoras da convocatoria do Programa PEL_CONCELLOS_ Axudas ao sector das orquestras e verbenas (BOP nº 102 de 31 de maio de 2022).
Considerando que a única solicitude presentada ao abeiro da convocatoria municipal, foi a realizada pola Comisión de Festas de San Pantaleón das Viñas e que a mesma cumpría cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria, resólvese a favor desta solicitude, debendo achegar a documentación requirida nas bases para proceder a facer efectiva a axuda.