AXUDAS VINCULADAS Á REDE DE RESERVAS DE BIOSFERA

O Concello de Paderne ven de recibir unha axuda de 4.170,29 € a través da solicitude realizada en base á Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas de biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O proxecto “A Ría de Betanzos na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” verase beneficiado con estes fondos.