NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS DO GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE PARA PROXECTOS DO SECTOR PESQUEIRO

Este pasado mércores 19 de febreiro, o GALP, Golfo Ártabro Norte, do que o Alcalde de Paderne é Vicepresidente, fixo público o programa de axudas dirixido ás entidades empresariais da zona costeira. 

O principal obxectivo da reunión foi o de informar e prestar asesoramento directo sobre este programa de axudas tan importantes para a zona. 

Os asistentes recibiron explicacións con exemplos de proxectos impulsados noutras zonas costeiras; tamén se resolveron dúbidas sobre a presentación das solicitudes de axuda, apoiándose nun modelo de proxecto que podería presentarse na convocatoria.

Centrouse a atención na necesidade de realizar investimentos vinculados á promoción do sector pesqueiro, tanto no que respecta á valorización dos produtos, como no relacionado coas melloras do sector. Neste sentido, reforzouse a necesidade de que as empresas da zona vinculen os seus proxectos con este obxectivo, xa que é o que ten a maior dotación orzamentaria, preto de 700.000 euros.

Algunhas das persoas que asistiron teñen pensado presentar proxectos nesta convocatoria de axudas; son proxectos relacionados coa loxística dos produtos pesqueiros, promovidos por empresariado do sector.

Para calquera aclaración ou dúbida relacionada co programa de axudas o GALP está a disposición das persoas interesadas, nas súas oficinas da Rúa do Curro en Miño, na Casa do Pescador. Lembrouse que é moi importante ter en consideración que a presentación de solicitudes ao programa de axudas finaliza o día 1 de marzo.

Para máis datos sobre os proxectos, poden consultar a páxina web https://galp.xunta.gal ou no blog https://galpgolfoartabronorte.blogspot.com/