SOLICITUDE DE AXUDAS PARA O AMAÑO DA FONTE DE INSUA

Segundo a Orde do 26 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021das axudas e investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, o Concello de Paderne ven de solicitar una axuda de 24.200 € para o proxecto de “Mellora da Fonte de Insua e o seu entorno”.

A fonte, acondicionada e ampliada cun lavadoiro no ano 1963, proporcionaba un importantísimo servizo ás persoas da  parroquia que acudían a ela co fin de abastecerse de auga para as necesidades da vida diaria converténdose tamén nun punto de encontro e relacións que moitos da aldea aínda recordan.