Axudas

concello

1.- PROGRAMA DE VALORACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO

En materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral.

 

2.-SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo. 

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/05/04/2015_0000003956.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/05/04/2015_0000003957.pdf

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR LIBRE CONCORRENCIA.

Dirixido a persoas non valoradas como persoas con dependencia e a persoas valoradas sen resolución de PIA, e prestado pola auxiliar de axuda no fogar  municipal.

Descargar Declaración

Descargar Solicitude

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DEPENDENCIA.

A través do cal se da atención a aquelas persoas con dependencia recoñecida, que teñan  Resolución do Programa Individual de Atención (PIA) e teñan pasado polo Programa de asignación de recursos (PAR de SAF)

Co afán de mellorar a prestación do servizo, ampliar o número de horas de atención e iniciar a prestación  do servizo tódolos días da semana, incluídos domingos e festivos,  o Concello ven de externalizar o servizo  a favor da Empresa Atendo. Dende mediados de setembro as persoas beneficiarias que así o desexaron son atendidas tódolos días sen excepción.

Durante un período de dous anos as familias beneficiarias do SAF Dependencia, poderán desfrutar, a maiores das horas concedidas e sen ningún custo dos servizos de podoloxía, fisioterapia, transporte asociados, e limpezas de choque baixo valoración de idoneidade.

 

3.-PROGRAMA DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR

Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

 

4.-PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL

Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.

RECURSOS POR COLECTIVOS

PERSOAS CON DEPENDENCIA

Para este colectivo o  concello pon a disposición os seguintes recursos propios:

Servizo de préstamo de camas articuladas e grúas de mobilidade persoal, non tendo ningún custo para a persoas interesada.

Xantar na casa (convenio co Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar): Entrega semanal, no propio domicilio,  do xantar dos sete días. O xantar inclúe: 1º prato, 2º prato, pan e postre, adaptados ás dietas pautadas polo médico.

Teleasistencia domiciliaria para persoas con autonomía (convenio coa Deputación da Coruña): pequeno dispositivo en forma de pulseira ou medallón, que ó ser pulsado conecta telefonicamente cunha centraliña,  garantindo asistencia rápida en caso de emerxencia durante as 24h do día os 365 días do ano.

As axudas, recursos e servizos para este colectivo de outras entidades das que recibirá información e realización de trámites necesarios para a súa consecución son os seguintes:

• Solicitude de valoración e recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema.

• Servizo de axuda no fogar SAAD.

• Servizo de atención diúrna e de noite.

• Servizo de atención residencial.

• Xantar na casa.

• Servizo de Tele asistencia.

• Servizo de xeolocalización.

• Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal.

• Libranza vinculada ao servizo

• Libranza para coidados no contorno familiar

• Libranza de asistencia persoal

PERSOAS MAIORES 

Para este colectivo o  concello pon a disposición os seguintes recursos propios:

Servizo Municipal de podoloxía: dirixido ás persoas maiores do Concello, o único requisito para o acceso é ser socio do Centro de Maiores.

Servizo de préstamo de camas articuladas e grúas de mobilidade persoal, non tendo ningún custo para a persoas interesada.

Xantar na casa (convenio co Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar): Entrega semanal, no propio domicilio,  do xantar dos sete días. O xantar inclúe: 1º prato, 2º prato, pan e postre, adaptados ás dietas pautadas polo médico.

Teleasistencia domiciliaria para persoas con autonomía (convenio coa Deputación da Coruña): pequeno dispositivo en forma de pulseira ou medallón, que ó ser pulsado conecta telefonicamente cunha centraliña,  garantindo asistencia rápida en caso de emerxencia durante as 24h do día os 365 días do ano.

As axudas, recursos e servizos para este colectivo de outras entidades das que recibirá información e realización de trámites necesarios para a súa consecución son os seguintes:

• Pensión non contributiva de xubilación

• Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada.

• Prestación económica para persoas desprazadas ao estranxeiro durante a guerra civil

• Acollemento familiar para persoas maiores

• Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual

• Termalismo e Turismo Social do IMSERSO

• Benestar en balnearios  

PERSOAS CON DIVERSIDADES FUNCIONAIS

Información xeral sobre os beneficios ás persoas con discapacidade recoñecida

Recoñecemento do grao de discapacidade

Tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida

Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade 

Trámites para a exención do imposto de vehículos de tracción mecánica

Derivación a servizos de orientación para o emprego específicos para persoas con discapacidades

MULLER

No marco dos distintos Plans de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes aprobados polo concello, desenvólvense unha serie de medidas coas que se pretende combater a Violencia de Xénero, potenciar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e contribuír á conciliación das familias do concello.

1.- Convenio co concello de Coirós que permite ofrecer á mulleres de Paderne os servizos do Centro de Información á Muller situado naquel concello. Asesoramento xurídico e psicolóxico así como información xeral sobre as súas inquietudes son servizos gratuítos para as padernensas.

2.- Conmemoración dos Día Internacional da Muller e o Día Internacional para a  eliminación da violencia contra a muller con actos institucionais.

FAMILIA

AULAS DE CONCILIACIÓN: servizo municipal de atención a menores, levadas a cabo na casa do concello, e dirixidas a familias con menores, de tres a doce anos,  nas que ambos proxenitores traballen. Lévanse a cabo nos períodos vacacionais de verán e nadal.

Tarxeta Benvida: axuda económica para as familias con fillos e fillas 

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos 

Título de Familia Numerosa 

Carné familiar 

Acollemento Familiar 

INCLUSIÓN SOCIAL

Renda de integración social de Galicia

Axudas para a Inclusión social

OUTROS GRUPOS EN SITUACIÓN DE NECESIDADE

Información, orientación e asesoramento sobre dereitos e recursos sociais.