AXUDA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO PARA A AULA DA RÍA

O Concello de Paderne ven de recibir unha achega de 3.493,94 € da Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación.

Esta axuda permitirá seguir avanzando nas labores de atención e dinamización da Aula da Ría que está a divulgar os valores do noso entorno e achegando este coñecemento tanto ós cidadáns de Paderne como as persoas que nos visitan.

A posta en valor do medio natural, nun territorio como Paderne Pertencente á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, é unha importante tarefa que nos leva a apreciar mellor a súa riqueza, a descubrir a súa variedade e a coidalo entre todos.

© 2013 Concello de Paderne