AULAS DE CONCILIACIÓN

O Concello de Paderne vai a por en marcha as Aulas de Conciliación durante os meses de xullo e agosto.

Nacen coa necesidade de facilitarlles ás familias, nas que ambos proxenitores traballen, un servizo de atención para os seus fillos co fin de colaborar na conciliación da vida familiar e laboral.

As familias do Concello de Paderne con menores de entre 3 e 12 anos que cumpran as anteriores condicións e estean interesadas en utilizar este servizo, poden chamar por teléfono ás oficinas municipais.

© 2013 Concello de Paderne