AULAS DE CONCILIACIÓN

Vanse a poñer en marcha durante as vacacións de Nadal para tódolos menores de entre 3 e 12 anos empadroados no Concello.

Veñen a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral a todas aquelas familias nas que ambos proxenitores traballen.

Os nenos e nenas poderán disfrutar de actividades adaptadas ás súas idades e en consonancia coas datas que se celebran.

Estarán en funcionamento do 26 de decembro ó 4 de xaneiro e as familias que cumpran as condicións para solicitalas e estean interesadas, poden facelo ata o 19 de decembro.

Unha das actividades coas que contarán os nenos e nenas asistentes ás  Aulas de Conciliación será unha actuación musical a cargo de Fabaloba.