ANUNCIO AULAS DE CONCILIACIÓN VERÁN 2021

Concello de Paderne ven de aprobar as bases para as Aulas de Conciliación Verán 2021
O programa consiste no desenvolvemento de  actividades cunha dobre finalidade: a de permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias e a de ofrecer un espazo de esparcemento para nenas e nenos en igualdade de oportunidades. 
A desenvolver nos meses de xullo e agosto.
Actividades a desenvolver: manualidades, pintura a dedos, contacontos, xogo libre ... baixo a supervisión de monitores.
Poderán participar no programa nenos e nenas nados  nos anos 2014, 2015, 2016 e 2017
O prazo de solicitudes comeza o martes 22  rematando o domingo 27, ambos días incluídos. 
As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Paderne.