AULAS DE CONCILIACIÓN 2022

Cada verán, desde o ano 2008, as familias do Concello de Paderne con menores, dispoñen do servizo de Aulas de Conciliación.

Este ano son 14 os/as nenos/as participantes e outras tantas familias que se beneficiaron do servizo.

Isto ven a dar resposta ás necesidades de conciliación das familias ofrecendo un espazo onde deixar aos seus fillos/as durante o período estival; con elo, ademais de ser atendidos, realizan actividades lúdicas e de ocio e disfrutan xunto cos compañeiros/as.