Aulas de Conciliación 2021

Cada verán, dende o ano 2008, as familias con menores do Concello de Paderne dispoñen do servizo de Aulas de conciliación. Este ano, foron 14 familias as que se beneficiaron do mesmo coa participación de 17 menores.
Este servizo da resposta ás necesidades de conciliación das familias ofrecendo un espazo onde deixar aos menores durante o período estival no que, ademais de ser atendidos, realizan actividades lúdicas e de ocio.