AULAS CONCILIACIÓN
O concello de Paderne ofrece novamente, ás familias do Concello, o Servizo de atención a menores no período vacacional “AULAS DE CONCILIACIÓN”.
As aulas de conciliación, coas que se contribúe a conciliación da vida laboral e familiar, póñense en marcha para os meses de xullo e agosto e están dirixidas a familias con menores de entre 3 e 12 anos nas que ambos proxenitores traballen.
As familias interesadas poden anotarse nos servizos sociais comunitarios ata o día 25 de xuño.