AULAS DE CONCILIACIÓN VERÁN 2016
Durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Paderne puxo en funcionamento novamente as Aulas de Conciliación a través das cales se puido dar servizo a 11 familias e a un total de 12 nenos que se beneficiaron dun programa que intenta axudar a conciliar a vida laboral e familiar.
Nacen coa necesidade de por a disposición das familias, nas que ambos proxenitores traballen (a excepción de familias monoparentais), un servizo de atención para os seus fillos e fillas, no mesmo horario que o escolar.
Guiadas por persoal especializado na atención a menores, puideron beneficiarse deste servizo aquelas familias con fillos de entre 3 (que xa asistan ó colexio no curso actual) e 12 anos empadroados no Concello.
As actividades leváronse a cabo no baixo da Casa do concello dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto cun horario de atención ós menores flexible para as familias participantes de entre as 8:30 e as 14:30 horas.