AULAS DE CONCILIACIÓN
Os pequeniños de entre 3 e 12 anos participantes nas Aulas de Conciliación que se están a desenvolver este Nadal no Concello de Paderne, tiveron a oportunidade de disfrutar, o pasado día 27 de decembro, dunha actividade distinta ás que habitualmente se realizan durante as mañás.
A música do acordeón foi o fío conductor da actividade, a través da cal se foron presentando os recursos en galego para os nenos e nenas de estas idades. Unha mañá distinta e divertida en torno á música.
O Alcalde quixo compartir cos nenos e nenas un momento da xornada disfrutando, tamén con eles, da ilusión que poñen en cada unha das novidades que se lles presentan.