CLAUSURA DAS AULAS DE CONCILIACIÓN VERÁN 2018

O Alcalde de Paderne estivo despedindo ás familias que se acolleron ó programa de Aulas de Conciliación en funcionamento durante este período estival nas instalacións da Casa do Concello.

Co fin de prestar axuda ás familias de Paderne con menores de entre 3 e 12 anos e a fin de que os pais e nais poidesen conciliar a súa vida familiar e laboral, ofreceuse este servizo do 1 de xullo ó 31 de agosto en horario de 8:30 a 14:30 horas.

Foron 24 as familias e un total de 28 menores os que se beneficiaron deste programa.

Na xornada de clausura, celebrada este pasado 31 de agosto, os nenos e nenas participantes puideron disfrutar dunha animación que correu a cargo da Compañía Duende Sico dentro do programa Ler Conta Moito.