AULAS DE CONCILIACIÓN

Están a desenvolverse no Concello de Paderne, e durante este período de Nadal, as Aulas de Conciliación para tódolos menores de entre 3 e 12 anos empadroados no municipio.

Un importante servizo que ven a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral a todas aquelas familias nas que ambos proxenitores traballen.

Os nenos e nenas participantes poderán disfrutar de actividades adaptadas ás súas idades e en consonancia coas datas que se celebran baixo a supervisión de persoal especializado que traballa na procura do seu benestar.