XI ASEMBLEA DA REDE DE GOBERNOS LOCAIS + BIODIVERSIDADE
Os días 4 e 5 de outubro desenvolveuse na localidade catalana de Viladecans, a XI Asemblea da Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade.
O Concello de Paderne, membro da Rede de Gobernos locais + Biodiversidade asistiu á mesma, participando, o Alcalde César Longo, nos distintos grupos de traballo nos que se debateron importantes propostas de actuacións para este vindeiro ano no campo da biodiversidade e o clima.
No transcurso desta Asemblea, ademais da entrega do VI Premio ás Boas Prácticas pola Biodiversidade, informouse tamén sobre os proxectos técnicos que está a realizar a Rede; outro dos puntos importantes, foi a análise das colaboracións con outras entidades que traballan no ámbito da biodiversidade como ASEJA, AEPJP, Ecoembes, SEO/BirdLife e AMUPARNA.