Asamblea do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas-Betanzos

Este pasado 23 de xuño tivo lugar unha Asemblea do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas-Betanzos no edificio da Senra en Bergondo co fin de elixir, para outros catro anos, ós novos representantes.

Tódolos compoñentes da Xunta resultaron elixidos por unanimidade respaldando así a labor realizada ata este momento.

Así, queda composta polos seguintes membros; o Alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso como Presidente, o Alcalde de Paderne, César Longo como Vicepresidente, Aída Pérez da Asociación de Empresarios de As Mariñas como tesoureira e Catalina Rodríguez de Anfar Cambre como secretaria.

Cos seus obxectivos centrados nos retos que implican as estratexias contra o cambio climático e a ecoloxía, impulsarán novos programas seguindo filosofías de respecto e conservación cara ó medio ambiente