ANUNCIO CAMPAMENTOS (Actualización)


O Concello de Paderne ten xa todo disposto para comezar co Programa de CAMPAMENTOS DE VERÁN.
Consiste no desenvolvemento de  actividades deportivas de ocio e tempo libre, que se levarán a cabo en horario de 8.30 a 14.30 nos meses de xullo e agosto.
Actividades a desenvolver: Kayak, bicicleta, orientación deportiva, xogos populares, multideporte e aventura, ginkanas ... acompañados de técnicos deportivos e animadores de tempo libre.
As actividades realizaranse no pavillón polideportivo municipal e na Praza dos Desamparados de Souto.
Poderán participar no programa nenos e nenas nados  nos anos 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013.
Amplíase o prazo ata esgotar as prazas dispoñibles.
Poden consultarse as bases no taboeiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Paderne