ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES

Por décimo ano, o Concello de Paderne, celebrou o pasado día 6 de marzo, o aniversario da apertura e funcionamento do Centro de Maiores.

Unha importantísima infraestrutura que ven a dotar ás persoas socias do mesmo de servizos de gran valor para o seu desenvolvemento e que este día veñen a festexar a súa fundación cunha xornada lúdica-festiva que o Concello organiza para todos os que desexen participar.

Este pasado día 6, e despois de recoller ós asistentes polas distintas parroquias, o grupo tiña programada unha visita ó Castelo de Santa Cruz, situado nunha pequena illa do Concello de Oleiros. Unha digna visita a este enclave histórico que na actualidade alberga ó CEIDA, é punto de información turística e sé de diversas exposicións, cursos e variados eventos.

A comida realizouse nun restaurante cercano seguida do tradicional sorteo de regalos e un animado baile que prolongou esta celebración ata ben entrada a tarde.