IV ANIVERSARIO RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Con motivo da celebración do IV Aniversario da declaración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizáronse actos os días 25 e 26 de maio.

O primeiro deles tivo lugar o xoves 25, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), sede do CEIDA, a xornada técnica: “Construíndo un futuro sostible” e o venres 26, un Acto Institucional no Centro Etnográfico do Mandeo en Teixeiro (Curtis).

Paderne, un dos concellos pertencentes ó territorio que forma parte da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estivo representado polo Alcalde, César Longo, en calidade tamén de Vicepresidente desta Reserva de Biosfera.

Ademais, e coincidindo co IV Aniversario da declaración pola UNESCO de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” como Reserva de Biosfera, a Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, acolleu o xoves 25 de maio, os actos onde o Alcalde de Paderne entregou diplomas a alumnos que realizaron traballos dentro do programa “Somos Biosfera 2017”. A esta celebración asistiron un centenar de alumnos do Pedro Barrié de Mondego (5º e 6º de Primaria) e 150 de Sada e Contornos (1º a 6º de Primaria).

© 2013 Concello de Paderne