ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES DE PADERNE

O pasado 11 de marzo o Concello de Paderne celebrou o oitavo aniversario do Centro de Maiores. Para a ocasión o Alcalde e o Concelleiro de Benestar Social e o Tenente Alcalde, acompañados por un centenar de socios de tódalas parroquias, desprazáronse ata a casa- museo de Wenceslao Fernández Flórez, na localidade de Cambre.

Durante a visita o grupo tivo oportunidade de coñecer a casa tal e como era en tempos do escritor; de ver un anaco da película do Bosque Animado baseada no seu libro máis coñecido e rodada nas fragas da vila ademais de xogar ó croquet, deporte do que o escritor era moi afeccionado e do que aínda se conservan as pezas orixinarias.

A xornada rematou pola tardiña con música e baile para tódolos alí presentes, despois dunha comida nun coñecido restaurante da zona.