ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES

Un cento de socios do Centro de Maiores de Paderne, acompañaron ó Alcalde nos actos de celebración do aniversario da súa posta en funcionamento.

Un gran logro para os maiores do Concello que desde a súa creación teñen un lugar no que reunirse adaptado ás súas necesidades; un espazo ó que poder acudir desde pola mañá ata as últimas horas da tarde e no que poder recibir os servizos de podoloxía, utilizar os aparatos para exercitar as articulacións e pasar agradables momentos de ocio con outros veciños. Un Centro polo que tanto loitou o Alcalde convencido da súa utilidade e proveito para tódolos maiores de Paderne.

Nesta onomástica, o grupo pasou a mañá realizando unha panorámica da cidade de A Coruña rematando cun paseo polo Monte de San Pedro admirando así, desde outra perspectiva, a beleza da cidade.

Despois, a comida nun restaurante da zona co sorteo de regalos e o baile, puxo punto final a un agradable día de celebración.

© 2013 Concello de Paderne