ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES

Vamos a realizalo o día 9 de marzo para tódolos socios do Centro de Maiores.

Como en anos anteriores, a xornada dará comezo ás 11:00 h coa recollida dos asistentes polas distintas parroquias.

Na xornada de mañá realizaremos unha visita panorámica á cidade da Coruña; nesta visita, na que levaremos unha guía do Concello con experiencia, descubriremos  aspectos inéditos da cidade, curiosidades, historia, patrimonio e algúns outros datos que de seguro contribuirán a acrecentar máis aínda a nosa admiración por ela.

A comida realizarémola nun restaurante cercano rematando co tradicional sorteo de regalos e o baile.

O custe é de 25 € e os socios que desexen asistir poden inscribirse ata o día 3 de marzo chamando ás oficinas municipais.