PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DUNHA ALDEA MODELO EN ESPERELA

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, acudiu a Paderne este pasado 25 de novembro, para avaliar a posibilidade de implantar unha aldea modelo no lugar de Esperela.

Inés Santé, acompañada polo Alcalde de Paderne, César Longo, visitou a zona que abranguería esta figura posta en valor da Lei de Recuperación, que persegue concretamente xerar actividade agraria rendible arredor de núcleos de poboación.

Esta actividade non só busca contribuír ao asentamento poboacional rural senón tamén a xerar riqueza mediante actividade agrícola, gandeira ou forestal que sirva, ao tempo, de devasa natural fronte aos lumes, avanzando na anticipación dos incendios forestais.