ACORDO LOGRADO POLA RESERVA DE BIOSFERA PARA A GOBERNANZA DA RÍA DE BETANZOS

Un gran acordo o logrado este xoves día 21 de xullo nunha reunión urxente convocada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, entidade xestora do Xeodestino Turístico.

O motivo desta convocatoria urxente, era buscar unha axeitada coordinación sobre as autorizacións que afectan á navegación polo río Mandeo e a Ría de Betanzos, dentro da Rede Natura 2000. 

Un tema polémico entre os patróns e, sobre o que a Xunta, adquiriu o compromiso de deixar sen efecto as máis de 100 denuncias formuladas por navegación sen as correspondentes autorizacións, ademais de permitir a navegación pola propia canle da ría, de cara a favorecer a regularización da situación e “sen ánimo de prexudicar a nungún colectivo nin persoa implicada” segundo afirmou a xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Cristina Carrión.

Á reunión asistiron o Presidente da Reserva de Biosfera e Alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o Vicepresidente e Alcalde de Paderne, César Longo, a Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Cristina Carrión, a Alcaldesa de Betanzos, María Barral, a Alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, o Alcalde de Coirós, Francisco Quintela, a Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Sada, Marisa Rúa e os representantes dos colectivos implicados.

Os acordos logrados foron os seguintes:

  • Levar a cabo unha convocatoria dun foro de gobernanza da ría de Betanzos no que participarán tódalas Administracións implicadas, tanto a nivel local como autonómico ou estatal, así como os colectivos de usuarios nos ámbitos turístico, ambientalista, deportivo, recreativo, pesqueiro e marisqueiro.
  • A Reserva de Biosfera, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, deseñará un Plan de ordenación e uso público da ría de Betanzos que prime o bo funcionamento deste espazo natural promovendo a mellora ambiental.
  • Unha vez acadado o anterior, solicitarase un Plan de limpeza integral, mellora ambiental e paisaxística da ría cara a garantir a súa preservación e correcto estado
  • Ante a preocupación manifestada polos distintos representantes dos colectivos, acordouse tamén vixiar a entrada de motos de auga na ría por parte de Patrimonio natural e os axentes autorizados, dado que é unha actividade que prexudica ao medio ambiente.