ACTOS PROPIOS DESTES MESES

Este ano 2021, debido ás restricións que debemos gardar con motivo do COVID-19, non puidemos vernos na festividade do Entroido tal que como estabamos a facer en pasadas edicións; a queima do entroido, comparsas e choqueiros debemos pospoñela e retomala con ganas para os seguintes anos.

Tamén, e coa chegada do mes de marzo, o Día da Muller e o Aniversario do Centro de Maiores, eran dúas citas obrigadas na axenda cultural do Concello nas que tampouco se poderá reunir á xente para celebralas pero, gardando tódalas medidas que nos marcan as autoridades, volveremos con ilusión a retomar estes actos nos que se compartían tan agradables momentos.
Todos somos conscientes da repercusión que a situación está a ter nas nosas vidas, pero debemos centrarnos nos coidados e, entre todos, recuperar o antes posible tódalas actividades e as rutinas das que neste momento nos vemos privados.