ACTIVIDADES DENTRO DO PROGRAMA LER CONTA MOITO
O Concello de Paderne, adherido ó programa da Xunta de Galicia, “Ler conta moito” de fomento dos libros e da lectura, realizou 3 xornadas, dúas para pequenos e unha para maiores en diversas salas da Casa do Concello.
Así, o día 16 de outubro pola tarde os nenos e nenas de 3 a 12 anos puideron asistir á narración de historias sobre: “A pirata Escarlata”; o día 23 de outubro pola mañá: “Creando unha historia de monicreques” para os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil e, ese mesmo día pola tarde: “Contos doutrora para xente de agora” orientada a persoas maiores.
Presentadas, polo Concelleiro de Benestar Social Sergio Platas, dúas delas, e a dos pequeniños á mañá pola Concelleira de Cultura, Lucía Rey, estas actividades contribúen ó fomento da convivencia entre as persoas do municipio.