PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE ADULTOS

Neste mes de outubro realizouse a presentación das actividades extraescolares e de adultos no Concello de Paderne; cunha oferta ampla e renovada, o Alcalde sorprendeu, tanto a maiores como a rapaces, introducindo novidades en ambas categorías.

Dentro das actividades extraescolares, segue sen descoidarse o reforzo educativo que, incidindo nas materias de inglés, matemáticas, lengua, lingua e informática, segue a mimar ós escolares de Paderne ofrecendo a posibilidade ás familias de aproveitar esta oferta para potenciar a formación dos seus fillos.

O aspecto lúdico e deportivo veuse reforzado coa incorporación de actividades de multiaventura, golf e hípica; actividades que superaron as expectativas previas conseguindo unha moi boa acollida por parte de todos.

As actividades no polideportivo municipal contemplan a práctica de varios deportes buscando un maior disfrute e enriquecemento dos rapaces que asisten introducíndoos no coñecemento de varias disciplinas deportivas.

Outra das importantes novidades incorporadas este ano foi a actividade de música que comparten cos maiores desenvolvéndose durante toda a tarde dos martes e congregando nas dependencias do Centro de maiores a 35 persoas repartidas en varios grupos.

As actividades de adultos contaron tamén con novidades coa incorporación do golf, música ou sevillanas, incluíndo tamén moitas de anos anteriores como a ximnasia de mantemento, a pintura e manualidades, informática, pilates, corte e confección, labores, barro e cerámica, coiro e a recuperación da actividade de memoria para o coidado das persoas maiores.

Trátase de proporcionar opcións que respondan ás expectativas e demandas de tódalas persoas de Paderne axudando, ó mesmo tempo, a manter unhas boas relacións de convivencia no municipio.