OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CONCELLO DE PADERNE

Nun esforzo máis por axudar ás familias de Paderne  e conscentes dos sacrificios que están a realizar na formación dos seus fillos, o Concello quere contribuír ó seu benestar ofrecendo clases de reforzo para os nenos e nenas do municipio en materias fundamentais do seu curriculum escolar.

Así, ademáis das xa tradicionais e lúdicas como son a psicomotricidade para os máis pequeniños, o fútbol sala, o patinaxe ou o axedrez, os nenos e nenas empadroados en Paderne poden optar ás clases de informática, inglés, lengua, lingua ou matemáticas tendo en conta os distintos niveis.

A fin de que dispoñan información suficiente para organizar o seu período escolar, realizouse un novo esforzo económico e organizativo enviando información a tódalas familias para que poidan beneficiarse desta importante axuda.

Todas as actividades van a dar comezo co curso escolar podendo apuntarse ata o día 7 de setembro.