ACTIVIDADE SOBRE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

A vindeira semana comeza a Campaña de Sensibilización Ambiental dentro do proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras” ao abeiro das axudas Golfo Ártabro Norte, ao que pertence o Concello de Paderne, na Resolución da Consellería do Mar de 03 de agosto de 2021.
A primeira actividade da Campaña de Sensibilización Ambiental céntrase en impartir unha charla: "Fomento da biodiversidade asociada á Ría de Betanzos". O obxectivo da charla e tratar de achegar ao alumnado a problemática das especies invasoras, dende un punto de vista construtivo e positivo, aportando solucións e boas prácticas. Desta forma os alumnos poderán identificar estas especies nas súas casas, na zona da ribeira da Ría e en todo o concello de Paderne.

Esta charla impartirase en dúas Escolas Unitarias e na Aula da Ría nas seguintes datas: 
- Martes, 19 de outubro de 2021. Escolas unitarias: (Só para os nen@s das escolas)
- Escola de Viñas: 10:30-12:00h
- Escola de Areas: 12:30-14:00h 
Venres, 22 de outubro de 2021. Aula da Ría: (Precísase inscrición. Prazas limitadas)
- Grupo alumnos de primaria: 17:00-18:30h

Nota aclaratoria: As charlas programadas para o martes 19 de outubro non permiten que acuda xente foránea ás escolas. 
Todos os alumnos de primaria que desexen acudir á charla na Aula da Ría o día 22 de outubro, teñen como data límite para inscribirse o xoves 21 de outubro. Poden facelo:
Presencialmente no concello de Paderne: Lugar Consistorio, 10, 15314 Paderne, A Coruña
Chamando telefonicamente: 981 797 001
Correo electrónico: correo@concellodepaderne.com


Animádevos a participar e pasar un bo rato na Aula da Ría! Esperámosvos