ACTIVIDADE DE RECICLAXE COS PEQUENIÑOS DAS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE PADERNE

Co medio ambiente no punto de mira, e as actividades de reciclaxe como instrumento para contribuír á súa conservación e mellora, o Concello de Paderne planificou unha actividade, xunto coa Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) nas dúas Escolas de Educación Infantil.

Será o vindeiro venres 23 de setembro; persoal do Concello e técnicos de SOGAMA, intentarán que os/as pequeniños/as aprendan a diferenciar os refugallos que se deben depositar en cada contedor de recollida selectiva.

As actividades que se van a realizar consistirán en xogos de selección dos residuos contidos nunha caixa sensorial para que os escolares aprendan a identificar a bolsa na que se debe depositar cada tipoloxía (amarela, se é un envase de plástico, unha lata ou un brik; azul, se se tratada dun envase de papel ou cartón, ...).

Será unha boa práctica para que lle dean continuidade nos seus fogares e facelos partícipes da importancia que ten o coidado do medio ambiente.